Desherbar

Hoxe cheguei de traballar ás 6:30. Nin sequera entrei na casa e dirixinme a ver como estaba a horta. Lembrei que era preciso desherbar os amorodos, a nosa primeira produción ecolóxica exitosa. Pousei o bolso, a cazadora e unhas revistas que traía no banquiño de pedra e púxenme a trafegar. Non quixen ir buscar uns guantes, apetecíame sentir a textura da terra, aínda húmida polas últimas xornadas de chuvia. Os raios de sol eran quentes por primeira vez dende había tempo. Deixei posta a chaqueta negra para que penetrasen nas miñas costas con maior intensidade. A sensación era moi agradable. Mirinda deitouse ao meu carón, tamén ronroneando ao sol. Axiña as dúas entramos en calor e eu tiven que quitar a chaqueta. Atopei algún amorodo apodrecido por mor da humidade dos últimos días. Non é preocupante, pois as plantiñas están inzadas de pequenos froitos en proceso de maduración. A produción está sendo boa e penso que vai continuar sendo abundante e duradeira. Arrincando as herbas abrollaban miñocas a moreas, signo da fertilidade da terra. Hoxe recolleitei máis ou menos unha ducia de amorodos que degustaremos na cea.

mans despois de desherbar

Un comentario en “Desherbar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s