A liberdade do día a día

Tardei 36 anos en decatarme de que a liberdade está no día a día, aquí e agora. Ben, non é que non o soubese, senón que é a pantalla perfecta para non tomar as rendas e afianzarse un mesmo. Non foi un proceso fácil. No camiño cruzáronse varios episodios de tristeza aguda, de perderme cara a dentro e paralizarme cara a fóra, insomnios enfermizos, terapias psicolóxicas, terapias de shock, fármacos e placebos varios.

Na miña fantasía a liberdade estaba lonxe e cara a ela quixen fuxir innumerables veces rompendo con todo. Ese fuxir en realidade era meter a cabeza debaixo da terra para non ver e ser vista. Así escapei tamén deste blog, malia o compromiso firme de seguir manténdoo para amosar os cambios na Casa da Ulla. O dó foi necesario e aínda hoxe ao reler as dúas últimas publicacións me veñen as bágoas aos ollos. Con todo, síntome preparada e amparada nesta templanza que acadei no cotiá. Non é que algo en min cambiase, que sexa outra, nin parvadas do estilo, pero si me vexo con máis pouso. Sen dúbida, coñecer, entender, axuda.

casa1

Nesta elipse de cinco anos pasaron moitas cousas, moreas. Á fin rematamos a casa, apañamos varias colleitas, construímos unha cabana para as hamacas, meu pai amañou o cuberto, eu intentei darlle cabida á miña parte máis creativa con isto, tiven experiencias profesionais variadas, incluída a peor experiencia laboral da miña vida, casei, si casei, pola festa e porque acabou parecéndome práctico, e, o máis importante de todo, tiven un fillo.

foto2

Logo de parir recordo o día que marchamos para a casa Siro, Moi e máis eu. Facía solecho e foi un momento moi íntimo, sen pompa, moi noso. Saímos do hospital co noso bebé enroscadiño nunha manta, que mesmo parecía que o estabamos roubando. Non poidemos ter mellor acompañamento sonoro para aquel momento. Ao acender o coche soou “Our Prayer / Gee” de Brian Wilson, un tema que me pareceu que expresaba todas as emocións que eu estaba sentindo. Unha felicidade infinita contida por un medo infinito a non saber transmitirlle ao meu pequeno a diferenza entre heroes e viláns.

Siro1

Tedes que desculpar que me poña tan transcendente, pero a reactivación desta leira tócame a fibra e máis no día en que Siro cumpre dous anos. Por aquí aínda queda moito por facer: rexistrar os sons da Ulla, recuperar o chafariz do pociño, calear a parece do cuberto, erguer de novo o hórreo, darlle unhas voltas á Biblioteca Pintos… Hai outras que xa fixemos e que irei contando con máis lixeireza.

Advertisements

2 comentarios en “A liberdade do día a día

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s