Composición anónima para espantar toupas
Peza para interpretar nun xardín, horta ou leira que agrade ás toupas. Unha vez localizadas as moreas de terra que delatan as toupeiras, as botellas (verdes) chantaranse ata a metade no interior de cada buraco, cunha inclinación de 45º. Os bicos terán orientacións variables, con predominio da suroeste.
Agarde a que sopre o vento.
Duración da interpretación: variable.
Número de instrumentos: variable.
Tempo: ventoso ma non troppo.
Encántame!
jajajajaja!!! moi boa idea!
mola pesicola
Eu adoito utilizar botellíns de estrella de galicia para esta función. So decir que os instrumentos de vento debéranse situar a non máis distancia dun par de metros cada ún do seguinte, e eu son partidario de poñelas dereitas, sen inclinación algunha. Probade a soplar no bico da botella e arrincaredes unha nota musical xusto cando sopledes tanxentemente no bico. Ese e o efecto desexado, que o vento dominante no eido faga resoar os botellíns, interferindo no cego mundo das toupas, todo son.
Unha vez apartadas as toupas da liña maginot de estrella de galicia compre mover a liña compreta un par de metros de xeito que a interferencia tamén se mova, avanzando como barreira e axudando as toupas a marchar do eido, pouco a pouco e de vagar. Recomendo facer estes movementos estratéxicos en días de temporal, canto máis forte o vento mellor funciona.
Saudiña. Nacho.