(paréntese)

O 1 de febreiro abrimos unha paréntese na casa da Ulla. Desde hai doce días, a Pirucha e mais eu pasamos os días da semana en Santiago. Alugamos un pisiño na zona vella no que paramos e tratamos de tirarlle máis proveito aos días laborables. Ultimamente o traballo e os seus horarios absorbíanos de máis, e só chegabamos á casa da Ulla a tempo de cear e durmir. Así que nos imos dar un descanso do ir e vir, á vez que lle recuperamos o gusto á vivenda-pequena-para-dous.

Este é o noso novo barrio pola semana:
algalia

Mirinda queda encargada de que todo siga en orde na Ulla de luns a venres. Na fin de semana xa chegamos nós para seguir alimentando o noso proxecto. Aínda que agora vaia un pouco máis a modo, a casiña segue adiante. Esta primavera comezamos coa reforma.

Advertisement

4 comentarios en “(paréntese)

  1. A zona vella de Santiago e distinto a aldea pero ten moito encanto.
    Podedes visitarme no meu blog inda que este e en Castelan.
    Supoño que retomarei O Areal cando chegue o veran ou empezemos a arranxar a nosa casiña de Oca.
    Leemonos de todalas formas.
    Bikos e apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s