O hórreo non aguantou o asedio dos ventos. Caeu. O temporal da fin de semana pasada deulle o último golpe a unha figura que hai xa meses que se retorcía apuntando ao chan. Parecía claro que se non o apontoabamos íase vir abaixo. E caeu.
O hórreo de Pintos, o da casa da Ulla, é un canastro grande, con cinco pes e catro claros. Na beleza dos seus 10 metros de listóns de madeira de carballo pintados de vermello, sen pedra que os suxeite, radica tamén a súa febleza. Ao perderse o seu uso foise deteriorando rapidamente ata á fin caer derrubado. Só unha cuarta parte quedou en pé; un vestixio do que foi, e tamén o punto de partida para a súa reconstrución.
Agora temos que pensar en volver poñelo en pé. Algo alivia pensar que para restauralo cumpría desmontalo por completo,do que xa se encargou a tormenta. Toca gardar as pezas e agardar a xuntar os cartos para erguelo.
Se pasades pola Ulla e á beira da ponte vella vedes un hórreo desfeito, non vos indignedes polo desleixo dos propietarios; confiade en que pronto volverá a campar como noutrora e quen sabe se de novo gardar millo, mazás e o que lle boten.
No hay mal que por bien no venga, espero que pronto lo podais levantar de nuevo porque cada horreo que cae es una tristeza al menos para mi.
pois si que é unha pena, fermoso hórreo tiñades, si señor. Aproveito para felicitarche polo teu blog, encántame, gústame moito entrar e sorprenderme co que escrebes. Parabéns e vémonos o fin de semana