1838-2008

Hai 170 anos o Semanario Instructivo de Santiago publicaba este gravado da Ponte Ulla:

Era o 27 de xullo de 1838, só tres anos despois de rematadas as obras de edificación da nova ponte, agora ponte vella. A Ulla levaba máis dun século sen ponte, logo de que a destruíse unha enchente en 1708, ao igual que a de Sarandón. No seu lugar tiñan que ser empregadas barcas para cruzar o río, e non era a primeira vez. En 1571, o ano no que a peste desapareceu de Galicia, outra enchente fixera desaparecer o mosteiro de San Xoán da Cova e as dúas pontes. A Ponte Ulla conservou o nome, aínda que intermitentemente perdese a ponte, desde que na idade media naceu como un pequeno burgo impulsado por Fernando II e Alfonso IX.

Todo isto cóntao Henrique Neira no seu libro Vedra. Da prehistoria ós inicios do século XX, citando a Antonio López Ferreiro e a Mª Carmen Folgar de la Calle, entre outros. Nese mesmo volume aparece o gravado, unha imaxe (supoñemos que) fiel de como era a Ponte Ulla hai 170 anos.

Hai unhas semanas tentei facer unha fotografía desde o mesmo punto e coa mesma perspectiva para ver como evolucionara a aldea, pero non o conseguín. Desde o camiño que sube ao Gundián só puiden tomar esta imaxe:

Ambas imaxes amosan o que cambiou a Ponte Ulla en 170 anos, e tamén o que permaneceu en todo este tempo. En realidade, a maior parte dos cambios (a ponte nova, a gasolinera e os edificios de varios pisos) son cousa das últimas catro décadas. A Ponte Ulla de 1838 debía ser moi similar á de 1868.

Nos caixóns da casa da Ulla atopei esta fotografía-postal:

Polo que di Benedicta (e algún elemento de referencia que se ve na imaxe), a fotografía debeu ser tomada hai máis de 70 anos, probablemente antes de 1936. Desde o mesmo punto (esta vez con bastante precisión) tomei semanas atrás esta outra foto:

É a Ponte Ulla de 2008, tan semellante e tan diferente á de hai 70 anos e tamén á de hai 170. Na Ulla pechamos o ano e abrimos o 2009. O que rematou foi o primeiro que pasei coa Pirucha aquí. Ao longo do que vén agardamos transformar nun lugar vivo e vivido a nosa casiña.

Que vós tamén comecedes ben o ano novo.

Advertisement

Un comentario en “1838-2008

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s