Infanticidio involuntario

Non é que Juan lle dese un martillazo a un neno mentres derrubabamos o muro que el erguera 28 anos antes para construír o taller de zapateiro de Luís. Tampouco que sepultasemos a alguén debaixo dos cascallos. As vítimas non o foron da forza, senón da ignorancia. Crin que lles facía o ben, e pode que os levase á morte.

Eran catro tritóns mozos, aínda inmaduros. Catro bechiños adormilados que a Pirucha atopou mentres limpaba de herba e brión as escaleiras da casiña. Alí, amparados entre o musgo, a terra e a pedra descansaban os pintafontes. Foi un achado fermoso: sabiamos que pasaban boa parte do ano (máis ou menos, de maio a novembro) en terra, agochados debaixo de pedras, antes de volver ao pociño coas chuvias de outono. Pero nunca nos atoparamos con ningún deles nesa fase terrestre. E alí estaban, en cadanseu chanzo, profundamente durmidos.

Aqui están tres... criaturas!
Aquí están tres... criaturas!

Dada a situación, perdida a súa morada polo traballo afanoso da Pirucha no adecentamento das escaleiras, decidimos botalos no pociño. É o propio, pensamos, posto que xa estamos na época na que lles toca volver ao medio acuático. Así que, mentres se despreguizaban, boteinos na auga. Pero lonxe de botarse a nadar quedaron na beira, apoiados nas pedras coa cabeza fóra, como se estivesen exhaustos. Pareceume estraño (son incriblemente áxiles e vivaces na auga), pero deixeino correr e seguín traballando.

Á noite comprobei no libro de cabeceira que cometera un erro terrible: “Os xuvenís de pintafontes común levan unha vida estritamente terrestre ata que acadan a madurez sexual”. E aqueles non tiñan cara de ter pasado a adolescencia… Ao día seguinte non os vin no pociño: normal. Se cadra xa corrían pola auga e estaban agochados debaixo do fango. Ou se cadra… non.

Advertisement

Un comentario en “Infanticidio involuntario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s