Une année après La Contie

Vai aló a primeira semana das miñas vacacións de verán. Ata agora pasei a maior parte do tempo na casa da Ulla, ou mellor dito, fóra da casa da Ulla, na leira, fedellando nunha morea de cousas pequenas. Nestes días cortamos as canas que sobraban no canaval, avanzamos moito no arranxo dos bancos de azulexos, podamos a camelia, arrinquei as polas secas do limoeiro e dos pexegueiros, sementei unhas poucas verduras de inverno e fozamos moito na horta. As dúas semanas que me quedan de vacacións parece que serán tamén caseiras, pero non me importa: dáme o aire e teño bastantes cousas que facer.

Hai un ano estabamos de viaxe na Dordogne, Francia. A través do WWOOF acabamos de voluntarios na granxa ecolóxica de Marek e Michel en La Contie. Foi unha experiencia interesante na que traballamos bastante, folgamos algo, fixemos unhas cantas visitas turísticas, practicamos o francés (o meu penoso) e aprendimos abondo sobre o funcionamento dunha granxa ecolóxica como a que algún día poderiamos ter nós: algo máis dunha hectárea, con froiteiras e horta en invernadeiro e exterior, e na que os donos venden os seus produtos directamente en dúas feiras da zona.  O máis importante é que de alí volvimos cun proxecto: restaurar unha casa e vivir na Ulla.

Marek e Michel, os nosos anfitrións na Dordogne
Marek e Michel, os nosos anfitrións na Dordogne

Un ano despois de La Contie, a casiña segue tal como estaba, á espera de contar con licencia. Pero nós xa estamos aquí, e estamos a gusto. Ben pensado, as vacacións deste ano na Ulla non van ser moi diferentes das do ano pasado en La Contie: traballar bastante, folgar o que se poida, facer unhas cantas visitas á costa, practicar a “arqueoloxía caseira” e experimentar todo o posible na horta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s