O cártamo

Sentinme como o emperador co seu traxe novo. El sabía que estaba espido, pero convenceuse a si mesmo de que levaba un bonito vestido. Nos porrais Chelo plantou un bancal de flores que criamos azafrán. Ao vela medrar démonos conta de que aquela flor non podía ser azafrán, pero todos aceptamos que o era.

O caso é que o que tiñamos plantado é cártamo, chartamus trinctorius. Deullo por azafrán a Chelo unha amiga. Trátase dunha planta durante moito tempo se empregou como sucedáneo do colorante natural máis famoso, e por iso se coñece como azafranillo ou azafrán bastardo.

Esta foto e a anterior (ben bonitas) son da Pirucha.

As plantas foron medrando nos últimos meses na nosa horta ata acadar unha altura de máis dun metro. Estaban todas erguidas, perfectamente verdes, a punto de abrir en flor, e así permaneceron durante varias semanas. Ata que hai dez días empezaron a colorearse de laranxa. E decatámonos de que as inflorescencias tiñan forma de cardo. Chelo vai apañando as flores, e outras novas volven xurdir. As recolectadas gardámolas nunha caixa para secar co obxectivo de empregalo como (substituto do) azafrán. Non sei como será cando unha vez seco, pero o que temos apañado cheira bastante mal: máis ou menos a pés suados. En cambio, mirade que bonito é:

O misterio da identidade da planta durounos unha fin de semana, desde que unha visita descubríu as vergonzas do emperador. Claro que iso non é azafrán! Levounos un par de días atopalo na Rede, recoñecer nalgunha imaxe a nosa planta. Agora sabemos que é unha composta (asteraceae), algo deducible polo aspecto, parente tanto do cardo como do xirasol, e procedente do norte de África. Sabemos que é un dos cultivos máis antigos da humanidade, con rastros presentes ata na tumba de Tutankamon. Sabemos que é unha das 50 herbas fundamentais da medicina tradicional china (co nome de hóng huã).

Tamén coñecemos que se usou como tinte e de aí procede o seu nome científico. Durante moito tempo empregouse como sucedáneo do azafrán, por ser máis barato. Podo ser un bo colorante vermello ou amarelo, pero seica carece de sabor, polo que este uso é na actualidade marxinal. En lugar diso, as súas sementes empréganse para facer un aceite insaboro e incoloro que seica ten moitas propiedades beneficiosas. Incluso se usa na pintura como substituto do aceite de linaza para as cores brancas! Por Internet podedes atopar moitísima máis información dunha flor que non se inclúe habitualmente entre as aromáticas/condimentarias/medicinais, a pesar de ter bastantes propiedades interesantes.

Extra�da de Wikimedia Commons
Imaxe de Wikimedia Commons

Este foi un equívoco acompañado de entusiasmo, que se transformou en dúbidas seguidas de desconfianza. E todo iso desembocou nunha sorpresa agradable. Estou máis contento de que cultivemos cártamo que se fose azafrán. É a nosa conexión cos faraóns e a dinastía Ming… un anaco de cor e bo humor na nosa horta.

P.S. Agardo que a próxima entrada no blog non se faga de rogar tanto como esta… Xa lle vai tocando á Pirucha!

4 comentarios en “O cártamo

  1. si, moi chula. a min uns veciños tamén me deron azafrán deste e cando lles dixen q non era tal, enfurruncháronse todos e, por suposto, non me creron. 🙂

    boas vacas. aquí bótaseche de menos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s