Entre cartas, postais, axendas, follas de almanaque, recibos, anuncios e papeis manuscritos descansa o pasaporte número 793 do Goberno Civil de Pontevedra, expedido o 14 de maio de 1923, válido para visitar Portugal e Francia durante un ano en viaxes de recreo. Na fotografía, con chaqueta, gravata e mirada lacónica aparece Joaquín Pintos Castro, avogado, solteiro, con domicilio en Pontevedra, nado en Santiago o 14 de agosto de 1898. No pasaporte non consta ningún visado.
Joaquín foi o último Pintos que viviu na Casa da Ulla. Esta casa está chea de pegadas súas e da súa familia, que nos falan de xente acomodada de vida alegre que foi nun tempo, pero tamén dun home ilustrado que viviu aquí sen a súa familia ata que morreu en 1980. Daquela deixoulle a casa en herdanza a Benedicta, que o coidara durante 28 anos. O aire indiano da casa, coa palmeira, os azulexos pintados, as grandes ventás do comedor e o amplo recibidor, o tamaño da parcela (hoxe minguado), as escasas fotos borrosas que se conservan, os obxectos preciosos, os seus utensilios de home de letras, as súas coleccións de postais e moedas, e sobre todo a gran biblioteca. Todo iso está aquí para despertar a nosa curiosidade.
A través dos papeis podemos ler anacos da vida de Joaquín Pintos, completados polo relato da avoa Benedicta. E máis sutilmente, podemos achegarnos as súas inquedanzas e intereses a través dos arredor de tres mil libros que reuniu. A maior parte deles locen nos andeis da biblioteca. Uns cantos están gardados nos caixóns dun gran armario de castiñeiro debido ao seu mal estado de conservación. Son libros que cubren boa parte do século XIX e todo o XX ata a década dos setenta, con algún libro incluso anterior (o máis antigo, datado en 1588). Son libros maioritariamente en castelán, pero nos que hai espazo para o francés, o inglés, o italiano e o alemán e apenas un monllo de libros en galego. Hai moitos textos de dereito, moitas obras de carácter técnico e didáctico, unha amplísima selección de lecturas relixiosas, incluíndo misarios e novenas. Hai dicionarios, atlas, enciclopedias e libros de viaxes, libros de arte, biografías e revistas ilustradas encadernadas. Hai moita literatura: clásicos greco-latinos, clásicos das literaturas europeas, na súa lingua orixinal e traducidos. Hai un bo feixe de edicións baratas e coleccionables por fascículos (encadernados e sen encadernar). E nesta colección maioritariamente sesuda hai un pequeno lugar tamén para o folletón, os libros frívolos e incluso a literatura erótica.
Hai, ademais, recortes de prensa, papeis soltos no medio dos libros, estampas, postais manuscritas, postais coleccionadas, follas de anotacións, publicidade de época, documentos oficiais. Hai algunhas fotos e uns poucos xornais e revistas. Queda a ausencia de moitas cousas que se foron desta casa no traspaso da propiedade, e doutras que lamentablemente se queimaron, sobre todo periódicos, revistas e fotografías. O faiado cheo de papeis acumulados durante anos tiña que deixar espazo para poder respirar, para que os novos donos sentisen que esta casa tamén era súa. A biblioteca permaneceu intacta, e na súa custodia tamén participamos nós agora.
Na Casa da Ulla virtual hai un espazo para abrir os libros da biblioteca de Joaquín Pintos, e a través deles falar daquel home, desta casa, do pasado e do mundo.
Me llamo Angela Schiavetta y soy ciudadada italiana, aunque vivo en Espanha desde hace 8 anhos, mi madre se llama Maria Teresa Lopez Noya y nacio’ en Puente de Ulla en 1936, mi abuela se llamaba Avelina Noya y mi abuelo Manuel Lopez (los llamaban en la aldea “los Javier”), mi abuelo era capataz en la construccion de el ferrocaril y murio’ en 1936 en un accidente de trabajo, tambien eran duenhos de la taberna y un albergue y de una comercio de alimentacion entre otras cosas en Puente de Ulla. Me gustaria, no sin un cierto pudor, tener alguna informacion sobre esa epoca, sobre mis abuelos o si alguien conocio’ o ha oido hablar sobre mis abuelos. Me doy cuenta que es una peticion un tanto extranha ya que es muy dicifil que alguien recuerde a una familia que vivio’ en vuestra localidad hace 60-70 anhos. Nunca he conocido a mis abuelos, tampoco mi madre recuerda mucho ya que perdio’ a sus padres a muy temprana edad, ni siquiera tenemos fotos. Siempre he sentido curiosidad por saber como eran tanto fisicamente como caracterialmente.
Os agradezco mucho que hayas leido estas palabras y os saludo vivamente.
Angela
p.s: La semana pasada estuve en Puente de Ulla y fue una experiencia estupenda.
Soy sobrina de Joaquin Pintos Castro.
Hasta que falleció , pasé todos los veranos con mi tio , junto a mis padres , hermanos y familia.