O noso segundo pequeno éxito

A flor máis grande

A hortelá máis elegante

O agasallo máis saboroso

Este brócoli é o noso segundo pequeno éxito. Ben, este e os seus compañeiros de bancal, unha ducia de coles verdes que foron arriba moi rapidamente e deron unhas flores fermosas como esta. Onte arrincamos un par de brócolis, os que ían máis avanzados e ameazaban amosarnos os pétalos, e hoxe comímolos acompañados de pasta, salsa de tomate e uns taquiños de carne. Deliciosos!

O brócoli é o noso segundo pequeno éxito da tempada. O primeiro foron os amorodos, que se están dando moi ben. A pesar do mal tempo, que durante varias semanas non os deixou madurar a gusto, non deixan de saír froitos carnosos e ricos. Levamos un mes coméndoos e aínda hai amorodos para unha tempada. A pena é que algúns podren en contacto coa terra (debimos acolchalos cunha capa más groxa de herba), e que outros nolos comen os paxaros… ao que parece que tamén lles gustan. O outro éxito é o das leitugas, que van coma un tiro, pero tampouco é sorprendente. E os seguintes son os porros, que teñen un aspecto brillante, tesos e bastante gordiños. Dentro de pouco irán para o cazo os primeiros.

O éxito do brócoli satisfáceme porque é unha planta que na miña casa de Sanguiñeda (Mos) nunca se cultivou, así que é a primeira vez que a manexamos. A miña nai intentouno o ano pasado e non lle foron arriba. Sobre o seu cultivo, creo que acertamos ao mesturalos coas leitugas no mesmo bancal (ambos déronse ben) e ao acolchalos con herba. Para a seguinte quenda temos que amparalos mellor na terra para que non se torzan co peso e se desenterren. Apuntado queda!

3 comentarios en “O noso segundo pequeno éxito

  1. Noraboa por este novo éxito. Eu tamén plantei brócoli pero non creo que teña tan boa sorte.
    Observando as vosas fotos da estancia na granxa de La Contie, moi bonitas por certo, observei con sorpresa que Frenchchou e eu somos novos coñecidos, en concreto de fai un par de sábados no ambulatorio de O Porriño, eu era uns dos pasaxeiros do Apolo XIII que se estrelou en Cans, en concreto o dono da cámara que se escangallou. Alégrame saber que compartimos outras afeccións ademáis do Festival de Cans. Unha aperta, e espero que sigamos compartindo coñecementos sobre a horta.

  2. q fuerte me parece!!! e non o do brócoli (q por outra banda está moi ben) pero o da coincidencia…se o mundo é un pano e somos mocos…

    bikos!

  3. A verdade é que é curioso como en tan pouco tempo nos atopamos dúas veces e en cincunstancias tan diferentes. Máis gratificante o da horta, claro! Seguirei atento ao teu blog, que aínda que seamos unha panda de aprendices, seguro que algo aprendemos uns dos outros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s