Mirinda outeando nos buracos que as toupas fan no xardín.
Pois si, non me gusta que Mirinda cace toupas. Xa sei que o fai por instinto, pero é un instinto un pouco falso. Mirinda é á fin unha gata doméstica á que lle sentou moi ben o campo. O seu primeiro ano de vida pasouno con nós en Vigo, nin piso xeitoso, no que tiña espazo para moverse, pero no que sufría as consecuencias de ser unha gata de interior, que repercutían nos seus hábitos alimenticios. Non tiña herba para purgarse e só aceptaba o penso máis caro (omito a marca, pois non é preciso facer publicidade) especial para siameses (cando os seus parentes do Siam lle quedan bastande lonxe e semella máis ben un gato pardo). Malia a independencia propia dos gatos, amosaba unha ligazón case umbilical cara a nós, moi canina. É certo que agora se fixo maior, come calquera tipo de penso e acepta restos de comida que antes nin cheiraba. Ten máis aventuras e iso fíxoa madurar. Aprendeu a relacionarse cos pares (custoulle, pero xa é amiga do avó Isidoro) e a defenderse dos impares. Con todo, eu sigo preocupándome por ela e ela matén esa dependencia umbilical de afecto e tamén alimentaria. Sei que comer todo tipo de bechos lle fai mal e, ademais, ten comida de sobra e só mata animaliños para xogar. As connotacións fanme pensar cousas horribles de historias de gatos e ratos, retratadas por Art Spiegelman en Maus. Agora foi unha toupa, que me resultan simpáticas por esas manciñas pequerrechas que teñen, que parecen febles pero son duras ferramentas escarvadoras. Se fose un lindo paxariño (como xa ten pasado) seguro que a lamentación era máis xeralizada. Hai múltiples formas de espantar as toupas sen enviar unha aleccionada gata asasina. Chantar botellas coa boca para arriba é unha delas, pois ao entrarlle o aire producen un zumbido que os roedores non soportan. Síntoo por Mirin, pero desta vez tocoulle bronca, pois que estea atarzanada non a exime de ser civilizada. E xa o dicía antes, comer cousa crúas séntalle mal. Así comeza a seguinte canción de Manos de topo, que pouco máis ten que ver con este post, pero que me gusta moito. Dedícolla ao meu compi Frenchchou.
La chica tripolar
Moita sorte co voso proxecto. Góstame moito a idea que queredes levar adiante e agardo que poidades acadalo. Dende hoxe tedes un novo visitante asiduo ó voso blog. Por certo ¿hay algunha páxina web no que se poida ver a granxa que mencionades no post anterior (“La Contie (Dordoña, Francia), o jardin biologique de Michel e Mareke”)
Unha aperta.
Ola.
Gracias polos ánimos. Sobre La Contie, creo que non teñen páxina web (aínda que andaban coa teima de facela). Así que o mellor lugar para ver La Contie pode ser este álbum noso (obvia as fotos que non teñen nada que ver coa granxa…): http://picasaweb.google.com/EsmeMoi/LaContie?authkey=Wp0VovIK-VQ
Algún día lle dedicaremos unha anotación a ese estupendo lugar no que redefinimos moitas cousas.